Saltar ao contido

Prometeo (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir co asteroide chamado 1809 Prometheus.
Prometeo
Imaxe de Prometeo tomada pola Cassini (26 de decembro do 2009)
Descubrimento
Descuberta por Collins, Voyager 1
Descuberta no outubro de 1980
Designación alternativa Saturno XVI
Características orbitais[1]
Época 31 de decembro do 2003 ( 2453005,5 XD)
Eixo semi-maior 139.380 ± 10 km
Excentricidade 0,0022
Período orbital 0,612990038 días
Inclinación 0,008 ± 0,004° (respecto do ecuador de Saturno)
Satélite de Saturno
Características físicas
Dimensións 119×87×61 km [2]
Radio medio 43,1 ± 2,0 km [2]
Área superficial ~23.000 km2
Volume ~340.000 km3
Masa 1,566 ± 0,019 x 1017 kg [1]
Densidade media 0,47 ± 0,07 g/cm³
Gravidade superficial ~0,003 m/s2
Velocidade de escape ~0,019 km/s
Período de rotación sincrónica
Albedo 0,6
Oblicuidade cero
Temperatura ~74 K

Prometeo (en grego Προμηθέας) é unha lúa interior de Saturno. Foi descuberta en outubro de 1980 (algúns días antes do 25 de outubro) a partir de imaxes tomadas pola sonda Voyager 1, e foi designada provisionalmente coma S/1980 S 27.[3] A finais de 1985 recibiu o nome oficial de Prometeo, un Titán da mitoloxía grega.[4] Tamén é coñecida coma Saturno XVI.[5]

Esta pequena lúa é extremadamente alongada, cunhas dimensións de 119 x 87 x 61 kms. Ten varias cristas, vales e un bo número de cráteres que poden acadar 20 kms de diámetro, con todo ten menos cráteres cás súas lúas veciñas Pandora, Epimeteo e Xano. A partir da súa baixa densidade e albedo relativamente alto, pódese deducir que Prometeo é un corpo xeado moi poroso.

Prometeo actúa coma lúa pastor da parte interior do anel F. Imaxes recentes tomadas pola sonda Cassini amosa que a gravidade de Prometeo crea ondas e regueiros de material no anel F, coma se a lúa lle roubase algo de material ó anel. A órbita de Prometeo é caótica, coma consecuencia da resonancia orbital con Pandora. Os cambios máis apreciables ocorren aproximadamente cada 6,2 anos,[1] cando a periapse de Pandora coincide coa apoapse de Prometeo, no momento en que as lúas se aproximan entre elas a uns 1400 kms. Prometeo tamén está visiblemente perturbada por Atlas.

Galería multimedia

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 Spitale, J. N.; e o seu equipo. (2006). "The orbits of Saturn's small satellites derived from combined historic and Cassini imaging observations". The Astronomical Journal 132 (2): 692–710. doi:10.1086/505206. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2016. Consultado o 27 de maio de 2010. 
  2. 2,0 2,1 Porco, C. C.; e o seu equipo. (2006). "Physical Characteristics and Possible Accretionary Origins for Saturn's Small Satellites" (PDF). Bulletin of the American Astronomical Society 37: 768. 
  3. IAUC 3532: Satellites of Saturn 31 de outubro de 1980 (descubrimento)
  4. IAUC 4157: Satellites of Saturn and Pluto 3 de xaneiro de 1986 (bautizando a lúa)
  5. USGS Astrogeology, ed. (21 de xullo do 2006). "Planet and Satellite Names and Discoverers". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 07-08-2006. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]