Saltar ao contido

Narvi (lúa)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Narvi ou Saturno XXXI, é unha lúa de Saturno. Foi descuberta por un equipos de astrónomos liderados por Scott S. Sheppard no 2003 e recibiu a designación temporal de S/2003 S 1.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Narvi ten uns 6,6 kms de diámetro, e orbita Saturno a unha distancia media duns 19,371 millóns de kms en 1006,541 días, cunha inclinación orbital de 137° respecto da eclíptica (109° respecto do ecuador de Saturno), posúe un movemento retrogrado e unha excentricidade orbital de 0,320.

Nome oficial

[editar | editar a fonte]

Recibiu o seu nome oficial en xaneiro do 2005, o seu nome sería Narvi que procede da mitoloxía nórdica, coñecido tamén coma Narfi ou Nari, fillo de Loki e Sigyn, Narvi sería asasinado para castigar a Loki polos seus crimes. Os deuses tornaron ó seu irmán Váli nun lobo que o degolaría. As entrañas de Narvi foron usadas para converter a Loki en pedra para sempre, ou coma mínimo ata a chegada do Ragnarok. O nome foi aprobado polo grupo de traballo para a nomenclatura planetaria da UAI o 21 de xaneiro do 2005.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]