Silvio (rei)
Silvio é un rei lendario de Alba Longa que tería reinado entre o -1139 e o -1110.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É citado, entre outras fontes, na Eneida de Virxilio. Era fillo de Eneas e de Lavinia aínda que outros din que o seu pai era Ascanio, o fillo máis vello de Eneas, tido coa súa primeira esposa Creúsa. Foi o sucesor do seu medio irmán Ascanio como rei de Alba Longa[1] ben por ser fillo do anterior, ben por ter usurpado o trono. Da súa estirpe descenderán case todos os reis de Alba Longa e del en diante a maior parte conservarán o nome Silvio no apelido. Sucedeuno o seu fillo Eneas Silvio, e despois o seu neto Latino Silvio, á súa vez rei. Igualmente, a gens Iulia di que a súa dinastía vén dos descendentes de Ascanio e non dos de Silvio, por tanto moi probabelmente tamén Rómulo e Remo serían descendentes de Ascanio. Virxilio non profunda estes aspectos. Dante Alighieri cítao no Canto I do Inferno da Divina Comedia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Virxilio, Eneida VI, 763.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Vittorio Sermonti, Inferno, Rizzoli 2001.
- Umberto Bosco e Giovanni Reggio, La Divina Commedia - Inferno, Le Monnier 1988.