Domingo Villar Grangel
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1882 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 1933 ![]() Bolivia ![]() |
Q55692460 ![]() | |
1925 – 1926 | |
![]() ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , escritor ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
![]() ![]() |
Domingo Villar Grangel,[1] nado en Santiago de Compostela en 1882 e finado en Bolivia en 1933,[2] foi un avogado, político e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Jose Villar e Vicenta Granjel. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Instalouse en Madrid, onde traballou no Ministerio de Fomento. Colaborou en Correo de Galicia e Almanaque Gallego e foi un activo conferenciante. Redactou a memoria de constitución da Compañía Xeral dos Ferrocarrís de Galicia, da que foi conselleiro. Na ditadura de Primo de Rivera interveu a favor de José Calvo Sotelo na campaña municipal e foi nomeado gobernador civil de Cuenca (1924-1925)[3] e das Palmas (1925-1926). Despois marchou a Bolivia, onde foi catedrático de Dereito Administrativo, e onde morreu en 1933.
Obras
[editar | editar a fonte]- La emigración gallega, 1901.
- Porvenir económico de España, 1903.
- Ferrocarriles secundarios de Galicia, 1904.
- El problema de los cambios, 1906.
- Póliza de préstamos sobre mercancías, 1907.
- Un Ministro de Fomento. Don Augusto González Besada, 1909.
- Jovellanos y la reforma agraria, 1912.
- Cartas sobre Galicia, 1914.
- Estudios de derecho administrativo, 1914.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou en Vilagarcía de Arousa con Celia Padín Piñeiro en 1911.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xornalistas na historia de Vilagarcía de Arousa Arquivado 17 de xuño de 2018 en Wayback Machine.