Temas

Todos os temas

GeneratePress

GeneratePress

Avatar de Tom

Tema comercial

Este tema é gratuíto mais ofrece actualizacións ou soporte comercial de pago. Ver soporte

  • Versión 3.4.0
  • Última actualización Febreiro 6, 2024
  • Instalacións activas 600.000+
  • Versión de WordPress 5.2
  • Versión de PHP 7.4

GeneratePress é un tema lixeiro para WordPress construído cun enfoque na velocidade e usabilidade. O rendemento é importante para nós, polo que unha nova instalación de GeneratePress engade menos de 10 kb (comprimido con gzip) ao tamaño da túa páxina. Aproveitamos ao máximo o novo editor de bloques (Gutenberg), que che dá máis control sobre a creación do teu contido. Se usas maquetadores de páxinas, GeneratePress é o tema adecuado para ti. É completamente compatible con todos os principais maquetadores de páxinas, incluíndo Beaver Builder e Elementor. Grazas á nosa énfase nos estándares de codificación de WordPress, podemos presumir de ter total compatibilidade con todos os plugins ben codificados, incluíndo WooCommerce. GeneratePress é totalmente adaptable, usa HTML e CSS válido e está traducido a máis de 25 idiomas pola nosa incrible comunidade de usuarios. Algunhas das nosas moitas características inclúen máis de 60 controis de cor, unha potente tipografía dinámica, 5 ubicacións de navegación, 5 deseños de barra lateral, menús despregables (ao facer clic ou ao pasar o cursor) e 9 áreas de widgets. Obtén máis información e bota un vistazo á nosa potente versión Premium en https://generatepress.com

Descargas diarias

Instalacións activas: 600.000+