Gutenberg

Descrición

«Gutenberg» é o nome usado para referirse a un novo paradigma para crear con WordPress, cuxo obxectivo é revolucionar a experiencia de publicación do mesmo xeito que Johannes Gutenberg fixo no mundo da imprenta. O proxecto consiste en catro fases que tocarán distintas áreas de WordPress: edición, personalización, colaboración, e multilinguaxe.

Despois de introducir a edición de entradas con bloques en decembro de 2018, Gutenberg engadiu a edición completa do sitio (FSE) en 2021, que foi parte de WordPress 5.9 a comezos de 2022.

Que fai Gutenberg?

Gutenberg é o «editor de bloques» de WordPress, e introduce unha aproximación modular para modificares o teu sito ao completo. Edita bloques individuais de contido en entradas e páxinas. Engade e axusta widgets. Incluso podes deseñar as cabeceiras, pés de páxina e menús de navegación usando as características da edición completa do sitio.

Cada peza de contido no editor, desde un parágrafo a unha galería ou un encabezado, é o seu propio bloque. Ao igual que os bloques físicos, os bloques de WordPress poden ser engadidos, movidos, editados ou borrados, permitindo os usuarios crear contido multimedia e diversas disposicións do sitio dun xeito intuitivo — sen ter que usar shortcodes ou código HTML e PHP personalizado.

Estamos sempre a traballar para perfeccionar a experiencia, creando máis e mellores bloques e poñendo as bases das futuras fases do plan. Cada nova versión de WordPress inclúe as características estábeis do plugin Gutenberg, polo que non é necesario instalalo para beneficiarse de todo o que ofrece.

Acceso anticipado

Eres unha persoa con coñecementos técnicos que gusta de probar as últimas características experimentais? Non che importa xogar coas novas características que están aínda en desenvolvemento activo? De ser así, este plugin beta darache acceso ás últimas características que Gutenberg está a implementar para os bloques e a edición completa do sitio, así como unha mostra do que estar por vir.

Buscanse colaboradores

Para as persoas aventureiras e as que saben moverse coa tecnoloxía, o plugin Gutenberg ofrece as últimas e mellores características. Podes unirte probándoas e usándoas, xogando cos bloques, e pode que nalgún momento te animes a colaborar ou a crear os teus propios bloques.

Descubrir máis

  • Documentación de usuario: Revisa a documentación do editor de WordPress para instrucións detalladas sobre o uso do editor como autor para crear entradas, páxinas, e máis.

  • Documentación para desenvolvedores: explora a documentación para desenvolvedores (inglés) para tutoriais extensivos, documentación, e referencias das API sobre como extender o editor.

  • Colaboradores: Gutenberg é un proxecto de software libre e ten cabida para todo tipo de colaboradores, de código a deseño, de documentación a triaxe. No manual dos colaboradores podes ver como axudar.

O centro de desenvolvemento do proxecto Gutenberg é https://github.com/wordpress/gutenberg. As conversas sobre o proxecto son mantidas no sitio «Make Core» e na canle de Slack #core-editor, incluíndo as reunións semanais. Se non tes unha conta de Slack, podes darte de alta aquí.

Preguntas frecuentes

Como podo enviar suxestións ou pedir axuda sobre un erro?

O mellor lugar para informar de fallos, suxerir novas características, ou calquera outra idea é a páxina de tarefas no GitHub de Gutenberg. Antes de enviar unha nova, busca nas existentes e comproba que non fose xa suxerida por outras persoas.

Aínda que intentamos facer triaxe de tódalas suxestións enviadas no foro do plugin, obterás unha resposta máis rápida (e non se duplicará esforzo) se mantemos as conversacións centralizadas no GitHub.

Onde podo informar de erros de seguridade?

O equipo de Gutenberg e a comunidade de WordPress tómanse os erros de seguridade en serio. Apreciamos o teu esforzo para divulgar os teus achados, e faremos todo o posible para recoñecer as túas contribucións.

Para informar dun problema de seguridade, visita o programa WordPress HackerOne.

Teño que usar Gutenberg para ter acceso a estas características?

Non necesariamente. Tódalas versións de WordPress despois da 5.0 inclúen características do plugin Gutenberg, e todas elas forman colectivamente o editor de WordPress. Probablemente esteas xa a gozar das características estables!

Mais de quereres desfrutar das últimas características experimentais, terás que usar o plugin. Podes ler máis aquí para decidires si o plugin é o que necesitas.

Como podo saber que versións de Gutenberg están incluidas en cada versión de WordPress?

O documento versións en WordPress (inglés) mostra que versións de Gutenberg están incluidas en cada versión de WordPress.

Que é o seguinte para o proxecto?

As catro fases do proxecto son edición, personalización, colaboración, e multilingüismo. Podes coñecer máis sobre o proxecto e as distintas fases nas presentacións de «State of the Word» de Matt en 2021, 2020, 2019, e 2018. Adicionalmente, podes seguir as notas quincenais da publicación do plugin e as actualizacións mensuais do plan no sitio «Make Core» para información máis detallada sobre o que está a acontecer agora mesmo.

Onde poido ler máis sobre Gutenberg?

Comentarios

18 de Xullo, 2024
I never write reviews because you have to prioritize in life – but I can’t just ignore all these bad reviews.Point 1: Gutenberg is free and simply unbeatable. It occurs to me, could it be that the competitor (which you have to pay for) is deliberately stirring things up here?Point 2: A customer who takes over a website will have to learn whichever menu and will need help.Point 3: Well, I’m not a great professional and even I understand how to set up pages with Gutenberg.Point 4: The team here offers help to people who complain here and people are not even willing to respond.Point 5: I can only applaud the philosophy and have to say thank you to a team that puts so much work into it. Please keep up the good work.
10 de Xullo, 2024 1 resposta
I like the flexibility of the Classic Editor. I have tried this editor and it just isn’t good enough. Maybe I will give it another try in a few years. (Heck, I even once swore of WordPress long ago, but now I use it for every website I build.)
7 de Xullo, 2024
Gutenberg is a great way of developing websites. I definitely believe this is the future of web development.
6 de Xullo, 2024 3 respostas
Hi guys, you’ve done a lot of homework in the last WP5.5 version of Gutenberg. It’s much less fiddly, it’s easier to navigate and move stuff around. UPDATE July 2024 – it’s ridiculous that I can’t add attributes like “sponsored” to a hyperlink in the standard paragraph editor, when creating a hyperlink. I could do that with the very old basic editor, it’s a very useful and frequently used functionality by bloggers, yet you decided to remove it? Why do I get the feeling you are stripping down every functionality from Gutenberg, just to make it slim? Slim, yes, useful, definitely not. UPDATE April 2024 – the gallery block doesn’t have any lightbox at this day and age? It makes it useless. Who would ever want a gallery that doesn’t show a lightbox and the users have to click the browser back button each time? Oh, yes, the WordPress team on their websites, then no one else in the world.I like the technology, it’s super fast.I don’t understand the lackluster implementation, lack of basic features or settings, or hiding simple settings into tabs, making us click more than it’s needed. Like the paragraph block – there’s plenty of room to show all the settings in the sidebar, why hiding them into another tab, then leaving a note saying where to look for them? That’s why everyone hates Gutenberg, but loves Gutenberg-based third party plugins – because they actually do what we need them to do, using your technology.
14 de Xuño, 2024
The Gutenberg plugin is fantastic! Its block-based editor transforms content creation on WordPress, making it intuitive and code-free. The variety of blocks and customization options allow for unique layouts, significantly improving my workflow. Highly recommend for an enhanced WordPress experience!
13 de Xuño, 2024 2 respostas
After so many years, they don’t improve or fix the issues, they even introduce new issues. They even make you to do additional clicks and steps for doing things you did in one click on the first Guternberg version. They didn’t make any usability improvements in all these years, speaking about usability, it is even worse now than at the beginning.
Ler todas as 3.791 opinións

Colaboradores e desenvolvedores

“Gutenberg” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.

Colaboradores

“Gutenberg” foi traducido a 55 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.

Traduce “Gutenberg” ao teu idioma.

Interesado no desenvolvemento?

Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.

Rexistro de cambios

Para ler o rexistro de cambios da última versión de Gutenberg, por favor, vai á páxina da versión.